|
Alertas E-mail... |
|
|
Subscríbete e recibe no teu correo as nosas últimas novidades. Máis... |
|
|
|
|
|
Reseñas nos medios |
|
|
DEC 15 |
|
|
NOV 22 |
El Correo Gallego |
|
XAN 23 |
|
|
XAN 18 |
|
|
XAN 17 |
|
|
XAN 16 |
Radio Galega Presentación do Bistró-Bar LeaL en As Tardes da Galega |
|
XAN 08 |
|
|
|
Ver todas as novas... |
|
|
|
Bistró Bar LeaL |
|
Sabores da Cociña Atlántica |
|
Bistró Bar Leal abriu as súas portas en outubro de 2008, despois dunha importante reforma, nun local dedicado aos negocios hosteleiros desde a década dos oitenta. Situado a pouco máis de trinta pasos da Praza Roxa, o epicentro do Ensanche compostelán, Leal quere importar á zona nova da cidade unha oferta gastronómica e enolóxica que, en moi contadas ocasións, sobarda os muros do vello casco histórico.
O noso PupCup recibe os clientes xa no limiar do número 5 da rúa San Pedro de Mezonzo. Franqueada a porta, o local vístese cos aires dun vello bistrot. Na entrada, un espazo acristalado, tomado pola luz do día, os xornais desa mañá e o café que fumega nas tazas, o lugar para un rendez-vous. Ao fondo, o comedor e as cavas que manteñen o viño na súa xusta temperatura… E no medio, unha longa barra de cristal, eixe axial dun bistró que muda a súa face hora a hora. Por todas partes botellas e copas, pratos, cadeiras e mesas de madeira para estar e compartir. E música, sempre hai música: sons que se van filtrando por entre as conversas e que completan esa harmonía única das palabras cando acompañan un bo viño.
San Pedro de Mezonzo 5 - Praza Roxa 15701 Santiago de Compostela
|
|
|
|
|