Alertas E-mail...

Subscríbete e recibe no teu correo as nosas últimas novidades. Máis...

 

Reseñas nos medios

DEC

15

HOLA.com

Mención ao Bistró-Bar Leal no blog Hong Kong Blues

NOV

22

El Correo Gallego

Entrevista ao restaurador Fran Leal

XAN

23

HELLOgalicia

Crítica ao Bistró-Bar LeaL na web

XAN

18

TVG

Receita do risotto de foie con cogomelos

XAN

17

TVG

Presentación do Bistró-Bar LeaL en A Revista

XAN

16

Radio Galega

Presentación do Bistró-Bar LeaL en As Tardes da Galega

XAN

08

El Correo Gallego

Presentación do Bistró-Bar LeaL na prensa

Ver todas as novas...

 

Inicio

Carta

Viñoteca

Situación

Reservas

Horarios

Suxestións

 

 

Bistró Bar LeaL

Sabores da Cociña Atlántica 

San Pedro de Mezonzo, 5 - Santiago de Compostela

 

Lograr o máis doado resulta, ás veces, o mais complexo. A cociña de Leal procura esa sinxeleza das cousas que permanecen. Por iso os nosos pratos -froito dunha ollada contemporánea, aberta á innovación gastronómica-, procuran o sabor da cociña atlántica e foxen dos artificios e dos excesos. Produtos de alta calidade, sen disfraces, dieteticamente equilibrados, que chegan á mesa no seu punto xusto de elaboración; para comelos coa boca, directos ao padal, pero tamén cos ollos e co corazón.

 

Unha ensalada morna de espinacas, unha exquisita tempura de verduras ou unha tosta de mazá e foie tropezan sobre o mantel cun polbo á grella, un tenro entrecot con salsa de queixo do Cebreiro, ou un arroz negro con alioli. Logo veñen as sobremesas, todas elaboradas na casa: tiramisú, coulant de chocolate ou timbal de queixo con marmelo. O viño, dunha adega con máis de cen referencias en permanente actualización, e un excelente café completan o xantar. Ao mediodía, como nos bistrots de toda a vida, ofertamos tamén o noso prato do día: receitas de calidade, a prezos axustados, abertas á inspiración e á creatividade.

 

O NOSO LOGO

 

The PupCup

Yoshitomo Nara


Batemos con el un día na rede, e foi un namoro súpeto, un frechazo. Buscámolo en París, en Nova York, e demos con el en Philadelphia. Chámase PupCup e é un deseño do artista xaponés Yoshitomo Nara. Detrás da barra do bistró contémplao todo cos ollos pechados e co mesmo aceno de serenidade e acougo daquela tarde que chegou ás nosas mans. Máis…